Na páxina de Wislawa Szymborska aparece unha parábola bastante interesante que ten relacción cun blog moi coñecido para os alumnos de Técnicas de Expresión Escrita e esperamos que para vós tamén. É este: mensaxe nunha botella.PARÁBOLA
Certos pescadores sacaron do fondo unha botella. Había na botella un papel, e no papel estas palabras: "Socorro!, estou aquí. O océano tiroume nunha illa deserta. Estou na beira e espero axuda. Á presa. Estou aquí!" -Non ten data. Seguramente é xa demasiado tarde. A botella puido ter flotado moito tempo, dixo o pescador primeiro.-E o lugar non está indicado. Nin sequera se sabe en que océano, dixo o pescador segundo.-Nin demasiado tarde nin demasiado lonxe. A illa "Aquí" está en todos os lados, dixo o pescador terceiro.O ambiente volveuse incómodo, caeu o silencio. As verdades xerais teñen ese problema.Versión en castelán de Gerardo Beltrán e tradución nosa ao galego.