a paz, cuestión de fondo

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade coa colaboración da IGADI (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional) organizaron unha serie de actividades e en especial unha exposición que vin na biblioteca de Cambre :A PAZ, cuestión de fondo,o humor contra o racismo, a violencia e a pobreza. Aquí móstrovos unha viñeta que me pareceu a máis representativa, se vos fixades combina o humor cuns problemas moi presentes na actualidade. Gustaríame que comentárades esta viñeta dando a vosa opinión.

3 Comments:
Ola, eu tamén vin a exposición e este foi un dos debuxos que máis me gustaron. Creo que resume moi ben o que está a pasar no mundo. Bon traballo.
Ola!!! mmmm... no sei o que decir.... pero o texto e moi interesante e explica moi ben de que trataba o tema :-/ . Espero que fagas novas publicacións ...
Esta imaxe expresa perfectamente o que está pasando na actualidade, eu tamén vín a exposición e fíxome pensar; está claro que algo falla e de nós depende solucionar o erro.
Publicar un comentario en la entrada
<< Home