Neko

15.12.05

algo interesante...


O outro día Estíbaliz deunos a cada un dos alumnos de técnicas de expresión escrita unha folla que me pareceu moi interesante e que decidín publicala aquí.

9 REMEDIOS PARA ESCRIBIR
E 1 PARA EXISTIR
1.-Escribir moito
2.-Reler varias veces o moito que escribimos
3.-Ser coherentes
4.-Falar do que verdadeiramente nos importa
5.-Ser claros e concisos.Eliminar o que sobra
6.-Ollo coa ortografía
7.-Estructurar o texto como un ser vivo:cabeza, tronco e extremidades
8.-Saber entrar nun texto (presentado) e saber saír dun texto (concluído)
9.-Saber non facer caso de consellos ou remedios para escribir
9+1.-Ler
¿que vos parece? A min pareceume moi interesante e sobre todo o último remedio.Cada vez doume máis conta de que ler é moi importante para todos.

1 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Verdadeiramente interesante! Que boas recomendacións. Pedirémoslles a todos os compañeiros que as recorden a as sigan.

19:32  

Publicar un comentario

<< Home