Neko

22.5.06

a paz, cuestión de fondo


O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade coa colaboración da IGADI (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional) organizaron unha serie de actividades e en especial unha exposición que vin na biblioteca de Cambre :A PAZ, cuestión de fondo,o humor contra o racismo, a violencia e a pobreza. Aquí móstrovos unha viñeta que me pareceu a máis representativa, se vos fixades combina o humor cuns problemas moi presentes na actualidade. Gustaríame que comentárades esta viñeta dando a vosa opinión.

27.4.06

monxes tibetanos


Esta era unha visita moi esperada polo alumnado de 4º de ESO do IES David Buján:Nyari Tritul Rinpoché, naceu en 1977 en Mundgod, ao sur da India. É a terceira reencarnación do 89 Gaden Tripha. Os monxes tibetanos son budistas. O budismo é unha relixión moi antiga pois data de 600-400 anos antes de Cristo, e está estendida actualmente por Asia oriental. O seu fundador foi <> ou <>. A doutrina budista afirma que os desexos insatisfeitos obrigan ao home a nacer unha e outra vez; por iso, quen consegue vencer os seus anhelos e alcanzar o nirvana ou iluminación total, lonxe de calquera apego terreal, non volve a nacer e entra na parí nirvana. A historia do budismo divídese en diferentes etapas que manteñen certos factores comúns: vida monástica, meditación e desaparición da alma propia. Actualmente o budismo está nunha fase de debilitamento debido á presión de culturas alleas á súa relixiosidade.

23.3.06

a primavera


Volve a primavera e con ela florecen boas novas como a tregua da ETA ante a sorpresa de todos os españois. Euskadi Ta Askatasuna declara o cesamento do fogo permanente a partir das 0.00 h do día 24 de marzo, creo que isto merece unha entrada no meu blog.

2.3.06

seguindo con Wislawa Szymborska

Na páxina de Wislawa Szymborska aparece unha parábola bastante interesante que ten relacción cun blog moi coñecido para os alumnos de Técnicas de Expresión Escrita e esperamos que para vós tamén. É este: mensaxe nunha botella.

PARÁBOLA
Certos pescadores sacaron do fondo unha botella. Había na botella un papel, e no papel estas palabras: "Socorro!, estou aquí. O océano tiroume nunha illa deserta. Estou na beira e espero axuda. Á presa. Estou aquí!"


-Non ten data. Seguramente é xa demasiado tarde. A botella puido ter flotado moito tempo, dixo o pescador primeiro.

-E o lugar non está indicado. Nin sequera se sabe en que océano, dixo o pescador segundo.

-Nin demasiado tarde nin demasiado lonxe. A illa "Aquí" está en todos os lados, dixo o pescador terceiro.

O ambiente volveuse incómodo, caeu o silencio. As verdades xerais teñen ese problema.


Versión en castelán de Gerardo Beltrán e tradución nosa ao galego.

20.2.06

sen recordos daquel día

Como Wislava Scymborska no seu poema "16 de mayo de 1973" no seu poemario "fin y principio" de 1993.

SEN RECORDOS DE AQUEL DÍA

16 de agosto, 1999
non o recordo,
¿que faría?
sintome mal por non sabelo.
¿como podo non acordarme
dun día xa vivido
Sei cousas
por lóxica,
tiña 8 anos
e volvía dunhas bonitas vacacións...
supoño...
gustaríame saber
o que sentía nese momento
non ter ese sentimento
de impotencia
de raiba tamén.
Hai máis:
25 de marzo,2001
¿que faría?
...

15.12.05

algo interesante...


O outro día Estíbaliz deunos a cada un dos alumnos de técnicas de expresión escrita unha folla que me pareceu moi interesante e que decidín publicala aquí.

9 REMEDIOS PARA ESCRIBIR
E 1 PARA EXISTIR
1.-Escribir moito
2.-Reler varias veces o moito que escribimos
3.-Ser coherentes
4.-Falar do que verdadeiramente nos importa
5.-Ser claros e concisos.Eliminar o que sobra
6.-Ollo coa ortografía
7.-Estructurar o texto como un ser vivo:cabeza, tronco e extremidades
8.-Saber entrar nun texto (presentado) e saber saír dun texto (concluído)
9.-Saber non facer caso de consellos ou remedios para escribir
9+1.-Ler
¿que vos parece? A min pareceume moi interesante e sobre todo o último remedio.Cada vez doume máis conta de que ler é moi importante para todos.

14.12.05

outro traballo

Ola de novo! con Estíbaliz tamén fixemos un traballo no que tíñamos que inventar unha máquina que fixera algo que queiramos que faga. Esta é a miña:
A MÁQUINA DOS CONSELLOS
Esta máquina aconséllache o que tes que facer ou a millor saída relaccionada cos problemas que poidas ter. É do tamaño de unha caixiña dos aneis.
Modo de empleo:
Ten un teclado que se conecta á máquina para poñerlle o problema que teñas,a continuación o pos encima da cabeza e xa está,a máquina dos consellos dache unha solución acertada.
¿que vos parece?

26.9.05

o meu novo blog

Ola internautas! Chámome Ismael e son novo nisto dos blogs. Espero que vos guste.